Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2019

2ª Entrada para a docente Úrsula Kirsten

Imaxe
Nesta última entrada de blog para o Mestrado para o Profesorado , imos facer unha pequena recompilación do tratado na última sesión de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras coa docente Úrsula Kirsten, e compartirei con vós algunha reflexión e tarefas deseñadas xunto co meu compañeiro Álex Valverde en relación cos temas vistos na clase. O primeiro aspecto plantexado foi as competencias chave, termo que levabamos ouvindo e co que traballamos dende principio de curso na materia de Deseño Curricular coa docente Margarita Pino. Sen embargo, ata agora non enfocáramos a cuestión dende a base: que quere dicir ser competente? E sobre todo, dende o punto de vista do profesor: un profesor tamén ten que demostrar unhas competencias? E que é un profesor competente? Unha vez aclarado o concepto, afondar nos cambios lexislativos e a súa aplicación na aula cobrou máis sentido. Dado a gran variedade de actividades que se poden levar a cabo para o traballo das competencias, organizámonos e

1ª Entrada para a docente Úrsula Kirsten

Imaxe
Unha das funcións que un docente pode chegar a asumir e que máis descoñecemos é a función de titor. Como compartimos na primeira sesión de  Didáctica das Linguas Estranxeiras coa docente Úrsula Kirsten, a nosa experiencia persoal en titorías como alumnos durante a Educación Secundaria dista moito de como se supón que se deberían aproveitar estas horas. Moitos de nós recordamos as titorías como clases reservadas ao estudio, realización de deberes para a casa, ou mesmo horas libres. Non obstante, o papel do titor e o seu traballo é probablemente o eixo de todo o funcionamento escolar. O titor é a conexión entre titores legais, alumnado, profesorado e centro, e as titorías supoñen unha oportunidade -e un espazo reservado por lei- para coñecer e traballar co alumnado, favorecendo a súa integración e participación, ofrecendo orientación e mediando entre os diferentes axentes educativos. Este carácter central do titor na comunidade educativa fai del a persoa idónea para o traballo co alumn