Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Dossier

Tema 7 e 8: Dossier

Velaquí a derradeira entrada de dossier, neste caso correspondente aos dous últimos temas -tema 7 sobre a  Aprendizaxe Integrado de Contenidos e Linguas (AICLE) no contexto escolar europeo,   e tema 8 sobre  As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais -  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional ,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro. Nesta última actualización dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión. Reflexión sobre as diferenzas entre centros plurilingües e centros bilingües Nesta primeira sesión correspondente ao tema 7, comezamos cunha reflexión colaborativa coa finalidade de concluír cales son as diferenzas entre un centro plurilingüe e un centro bilingüe. Coa axuda de propias experiencias de compañeiros e da guía do profesor, determinamos que un centro plurilingüe é a...

Tema 6: Dossier

Tras un novo tema, neste caso o tema 6  As programacións didácticas vixentes  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional ,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro, dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión. Debate piramidal Durante a primeira sesión adicada a este tema, realizamos unha actividade de debate piramidal -que xa empregaramos con anterioridade no desenvolvemento do tema 5. En primeiro lugar tivemos que botar u nha ollada aos diferentes elementos que deben comportar as programacións didácticas segundo o punto 3 do Artigo 24 no Capítulo V da  Resolución do 11/05/2018 pola que se ditan instrucións no curso académico 2018/2019 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia , escollendo de forma individual aqueles tres que consideraramos máis esenciais. U...

Tema 5: Dossier

Concluído o tema 5  O deseño curricular  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , e o primeiro tema impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro, dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas tres sesións coa súa correspondente reflexión. Durante a primeira sesión desta nova materia o 12 de novembro, o docente realizou unha introdución ao funcionamento da mesma, aclarando aspectos sobre a repartición das sesións entre os dous profesores, os contidos que imos tratar, a avaliación etc. A primeira interacción veu cando Gonzalo nos consultou cal dos temas propostos nos parecía máis atractivo ou interesante para a nosa profesión, de modo que tivemos a oportunidade de poñer en común as nosas expectativas sobre a materia. Unha vez finalizada a presentación, posto que aínda nos sobraba un pouco de tempo, lanzámonos directos ao tema 5. Para comezar, Gonzalo propuxo unha actividade que supoñí...