Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Estratexias de Innovación

Actividades sobre a brecha xeracional

A continuación atoparedes tres actividades interactivas sobre a brecha xeracional. Poderedes practicar o voso inglés ao tempo que poñedes a proba os vosos coñecementos sobre as diferentes xeracións. Recoméndanse facer na orde proposta, xa que as actividades están relacionadas entre si. Actividade 1 Actividade 2 Actividade 3

Plan de traballo

Para que sigades de cerca o noso proxecto para salvar a brecha xeracional, déixovos aquí o noso plan de acción: Plan de traballo para o reto ☺

Esta semana aceptamos un reto!

O profesorado do centro onde traballo está preocupado porque vemos que os nenos e adolescentes cos que traballamos teñen a sensación de que a xente maior non entende os seus problemas e preocupacións. Pola súa parte, os pais e nais, os avós e as avoas están moi preocupados e inquedos porque teñen a sensación de que os rapaces e as rapazas non queren contarlles das súas vidas e sinten que os apartan das súas preocupacións e ilusións. A dirección do centro retounos a idear e por en práctica un programa que axude a salvar esta brecha xeracional, un programa que consiga que xente nova e xente maior descubran que as diferencias de idade non son un problema e que pode haber un gran enriquecemento mutuo. Xunto coa profesora Cecilia, decidimos por en práctica tres actividades diferentes repartidas nos tres trimestres do curso escolar para salvar esta brecha xeracional Aquí tedes as instruccións  para a actividade familiar do primeiro trimestre:

Recettes de Noël

Imaxe
Aquí temos unha infografía sobre a elaboración de receitas de Nadal. Atoparedes unha ligazón sobre a formación do imperativo en francés, unha recompilación de ingredientes da receita do "Jus de pomme chaud" e unha listaxe de conectores útiles para a redación de textos de instrucións.

Presentación 3, 2, 1!

Esta é a miña presentación 3, 2, 1! Trátase de presentarse contando tres cousas sobre nós mesmos, dúas cousas ás que non renunciaríamos e unha cousa á que nos gustaría adicarnos.