O papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe dunha lingua estranxeira
Velaquí unha nova publicación para o blog correspondente ao Tema 4 Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional. Durante a sesión correspondente a esta parte do temario, centrámonos na descrición e estudo en detalle das competencias específicas, transversais e complementarias para desenvolver nos distintos niveis de aprendizaxe , tanto as recollidas no MCER como aquelas dispostas no sistema educativo español –é dicir, na LOMCE-. Concretamente, gustaríame reflexionar sobre as competencias xerais do MCER, en particular, no coñecemento declarativo, e cal o papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe do coñecemento do mundo, do coñecemento sociocultural e da consciencia intercultural. Como vimos na aula, o coñecemento sociocultural forma parte do coñecemento do mundo, pero no caso do estudo das linguas é importante dedicarlle unha especial ...