Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Diario

Tema 7 e 8: Diario

Tema 6: Diario

Tema 5: Diario

Despois da entrada previa sobre o transcurso das sesións do tema 5 sobre  O deseño curricular para a materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional co docente Gonzalo Constenla Bergueiro, traio ao blog unha reflexión sobre unha das partes do tema que espertou unha especial interese en min:  As linguas estranxeiras no currículo da Formación Profesional . Preséntovos a continuación unha síntese do contexto e o tratamento das linguas nesta etapa educativa acompañada por un comentario persoal. A lei educativa vixente LOMCE , que entrou en vigor a finais do ano 2013, propuxo un sistema educativo disposto en etapas que preparan ao alumnado para pasar á seguinte etapa dunha traxectoria diferenciada que se axusta ás súas competencias e capacidades. Este sistema dispón a educación secundaria obrigatoria como un sistema de cribas que dirixe rapidamente ao alumnado que non demostre as suficientes competencias académicas cara opcións profesionalizantes. I...