Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional

Tema 7 e 8: Dossier

Velaquí a derradeira entrada de dossier, neste caso correspondente aos dous últimos temas -tema 7 sobre a  Aprendizaxe Integrado de Contenidos e Linguas (AICLE) no contexto escolar europeo,   e tema 8 sobre  As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais -  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional ,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro. Nesta última actualización dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión. Reflexión sobre as diferenzas entre centros plurilingües e centros bilingües Nesta primeira sesión correspondente ao tema 7, comezamos cunha reflexión colaborativa coa finalidade de concluír cales son as diferenzas entre un centro plurilingüe e un centro bilingüe. Coa axuda de propias experiencias de compañeiros e da guía do profesor, determinamos que un centro plurilingüe é a...

Tema 7 e 8: Diario

Tema 6: Dossier

Tras un novo tema, neste caso o tema 6  As programacións didácticas vixentes  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional ,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro, dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión. Debate piramidal Durante a primeira sesión adicada a este tema, realizamos unha actividade de debate piramidal -que xa empregaramos con anterioridade no desenvolvemento do tema 5. En primeiro lugar tivemos que botar u nha ollada aos diferentes elementos que deben comportar as programacións didácticas segundo o punto 3 do Artigo 24 no Capítulo V da  Resolución do 11/05/2018 pola que se ditan instrucións no curso académico 2018/2019 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia , escollendo de forma individual aqueles tres que consideraramos máis esenciais. U...

Tema 6: Diario

Comentarios aos blogs dos compañeiros

Imaxe
Aquí vos deixo unha copia dos comentarios realizados nos blogs dos meus compañeiros e compañeiras: No blog de David Gonçalves da Cruz, na a súa entrada sobre  Diferencias entre el Português Língua Não Materna y Portugués Lengua Extranjera. No blog de Iria Seijas Pérez, na súa entrada de Diario: Tema 7 - Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE No blog de Cecilia Rodríguez Estévez, na súa entrada correspondente ao Tema 3 No blog de Judit Parga Troncoso, na súa entrada correspondente ao Tema 4 No blog de María Riobó Antepazo, na súa entrada correspondente ao Dosier: Tema 6 No blog de Begoña Estévez Salgueiro, na súa entrada sobre  ¿Por qué el inglés y el francés son las lenguas de poder?

Afondamento e crítica do método audiolingüe

Imaxe
Nesta última entrada do blog para a docente Carla Bouzada Jabois correspondente ao Tema 3  A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais  da materia  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional,  gustaríame afondar nunha das actividades que realizamos na aula. Na última sesión levamos a cabo en parellas unha pesquisa xeral sobre unha das metodoloxías para a ensinanza de linguas estranxeiras propostas: no noso caso, o método audiolingüe. A continuación afondarei un pouquiño máis nesta metodoloxía, veremos algún exemplo da súa aplicación na actualidade e compartirei con vós unha crítica e valoración persoal da mesma. Como vimos xunto coa miña compañeira Cecilia na aula ( presentación Prezi ) , o método audiolingüe tamén coñecido coma o “método militar” xorde a finais dos anos 50 como metodoloxía para a aprendizaxe de linguas estranxeiras pero non foi ata o ano 1964 que foi patentado por N. Brooks. ...

O papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe dunha lingua estranxeira

Imaxe
Velaquí unha nova publicación para o blog correspondente ao Tema 4  Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias  da materia  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional. Durante a sesión correspondente a esta parte do temario, centrámonos na  descrición e estudo en detalle das competencias específicas, transversais e complementarias para desenvolver nos distintos niveis de aprendizaxe , tanto as recollidas no MCER como aquelas dispostas no sistema educativo español –é dicir, na LOMCE-. Concretamente, gustaríame reflexionar sobre as competencias xerais do MCER, en particular, no coñecemento declarativo, e cal o papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe do coñecemento do mundo, do coñecemento sociocultural e da consciencia intercultural. Como vimos na aula, o coñecemento sociocultural forma parte do coñecemento do mundo, pero no caso do estudo das linguas é importante dedicarlle unha especial ...

Os aspectos positivos e negativos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas

Imaxe
En relación co Tema 2  O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea , da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional,  achégovos esta vez ao blog unha reflexión persoal sobre os aspectos positivos e negativos deste marco de referencia. O MCER –ou CEFR en inglés- é un proxecto que ten os seus inicios xa no ano 1971 pero que non se materializou ata o ano 1991 por iniciativa do goberno federal suízo, e que se viu reflexado nun documento final elaborado polo Consello de Europa en 2001 durante a celebración do Ano Europeo das Linguas. Este traballo resultou no establecemento dun estándar europeo –empregado tamén noutros países fóra de Europa- que serve para medir o nivel de dominio dunha determinada lingua. Pretende ademais, proporcionar unha base común para a elaboración de programas de linguas, currículos, probas, manuais, etc.; describir de forma integradora os coñece...

Tema 5: Diario

Despois da entrada previa sobre o transcurso das sesións do tema 5 sobre  O deseño curricular para a materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional co docente Gonzalo Constenla Bergueiro, traio ao blog unha reflexión sobre unha das partes do tema que espertou unha especial interese en min:  As linguas estranxeiras no currículo da Formación Profesional . Preséntovos a continuación unha síntese do contexto e o tratamento das linguas nesta etapa educativa acompañada por un comentario persoal. A lei educativa vixente LOMCE , que entrou en vigor a finais do ano 2013, propuxo un sistema educativo disposto en etapas que preparan ao alumnado para pasar á seguinte etapa dunha traxectoria diferenciada que se axusta ás súas competencias e capacidades. Este sistema dispón a educación secundaria obrigatoria como un sistema de cribas que dirixe rapidamente ao alumnado que non demostre as suficientes competencias académicas cara opcións profesionalizantes. I...

Tema 5: Dossier

Concluído o tema 5  O deseño curricular  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , e o primeiro tema impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro, dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas tres sesións coa súa correspondente reflexión. Durante a primeira sesión desta nova materia o 12 de novembro, o docente realizou unha introdución ao funcionamento da mesma, aclarando aspectos sobre a repartición das sesións entre os dous profesores, os contidos que imos tratar, a avaliación etc. A primeira interacción veu cando Gonzalo nos consultou cal dos temas propostos nos parecía máis atractivo ou interesante para a nosa profesión, de modo que tivemos a oportunidade de poñer en común as nosas expectativas sobre a materia. Unha vez finalizada a presentación, posto que aínda nos sobraba un pouco de tempo, lanzámonos directos ao tema 5. Para comezar, Gonzalo propuxo unha actividade que supoñí...

A evolución do enfoque da ensinanza de linguas estranxeiras ao longo da historia en España

Finalizado o primeiro tema  A ensinanza das linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , traio ao blog unha reflexión sobre un dos aspectos tratados durante as sesións que máis me chamou a atención. Neste tema, levamos a cabo unha recapitulación das diferentes reformas lexislativas que se levaron a cabo en España en materia de educación. Puidemos observar non só como a interese por unhas ou outras linguas foi mudando ao longo da historia dependendo do panorama político e económico e repercutindo por tanto na súa oferta nos diferentes niveis educativos, senón tamén como o estudo de idiomas foi gañando importancia e como consecuencia peso na carga horaria e presencia cada vez máis temperá nos currículos de ensinanza. Ámbolos dous factores estiveron sempre suxeitos á dispoñibilidade de recursos orzamentarios e humanos, e polo tanto, os cambios que sufriron só se poderían ter dado dese mo...