2ª Entrada para a docente Úrsula Kirsten
Nesta última entrada de blog para o Mestrado para o Profesorado , imos facer unha pequena recompilación do tratado na última sesión de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras coa docente Úrsula Kirsten, e compartirei con vós algunha reflexión e tarefas deseñadas xunto co meu compañeiro Álex Valverde en relación cos temas vistos na clase. O primeiro aspecto plantexado foi as competencias chave, termo que levabamos ouvindo e co que traballamos dende principio de curso na materia de Deseño Curricular coa docente Margarita Pino. Sen embargo, ata agora non enfocáramos a cuestión dende a base: que quere dicir ser competente? E sobre todo, dende o punto de vista do profesor: un profesor tamén ten que demostrar unhas competencias? E que é un profesor competente? Unha vez aclarado o concepto, afondar nos cambios lexislativos e a súa aplicación na aula cobrou máis sentido. Dado a gran variedade de actividades que se poden levar a cabo para o traballo das competencias, organizámonos e