O papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe dunha lingua estranxeira
Velaquí unha nova publicación para o blog correspondente ao Tema 4 Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional.Durante a sesión correspondente a esta parte do temario, centrámonos na descrición e estudo en detalle das competencias específicas, transversais e complementarias para desenvolver nos distintos niveis de aprendizaxe, tanto as recollidas no MCER como aquelas dispostas no sistema educativo español –é dicir, na LOMCE-. Concretamente, gustaríame reflexionar sobre as competencias xerais do MCER, en particular, no coñecemento declarativo, e cal o papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe do coñecemento do mundo, do coñecemento sociocultural e da consciencia intercultural. Como vimos na aula, o coñecemento sociocultural forma parte do coñecemento do mundo, pero no caso do estudo das linguas é importante dedicarlle unha especial atención á sociedade e á cultura dos países nos que se emprega dita lingua estranxeira. A comprensión de aspectos da vida diaria das sociedades que empregan a lingua estranxeira, das condicións de vida, das relacións persoais, dos seus valores e crenzas, da linguaxe corporal, das convencións sociais, dos rituais, etc. é crucial para situar o mundo propio e o alleo en contexto e favorecer así a comunicación entre ambos [...].
A importancia de achegar ao seres humanos non só subliñando os aspectos que compartimos senón tamén aqueles que nos diferencian sen ter medo a recoñecer a diversidade, concibíndoa xa non coma un obstáculo para a comunicación senón coma unha riqueza. Coa fin de facilitar ao alumnado a comprensión da realidade sociocultural ligada á lingua estranxeira é moi común o emprego de estereotipos, xa que son en certo modo mapas cognitivos que simplifican unha realidade descoñecida e fana manexable e comprensible [...].
O uso de estereotipos na docencia dos aspectos socioculturais esixe certo coidado.
A miúdo os materiais empregados nas aulas, especialmente os libros de texto, non ofrecen unha imaxe da cultura estranxeira representativa, completa, realista, actualizada e plural [...].
Cal son as consecuencias negativas dun mal uso dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe da lingua estranxeira
Métodos e actividades que permitan a desenvolvemento do coñecemento sociocultural da lingua estranxeira sen caer en estereotipos.
A presencia das variedades dialectais entre os contidos impartidos.
Antes de achegarse ao outro, é importante realizar unha reflexión sobre a cultura e sociedade propia.
O docente de linguas ten que ser un docente de comunicación intercultural, dispoñer dun coñecemento intercultural amplo e en continua actualización[...].
Comentarios
Publicar un comentario