A evolución do enfoque da ensinanza de linguas estranxeiras ao longo da historia en España
Finalizado o primeiro tema A ensinanza das linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico da materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , traio ao blog unha reflexión sobre un dos aspectos tratados durante as sesións que máis me chamou a atención. Neste tema, levamos a cabo unha recapitulación das diferentes reformas lexislativas que se levaron a cabo en España en materia de educación. Puidemos observar non só como a interese por unhas ou outras linguas foi mudando ao longo da historia dependendo do panorama político e económico e repercutindo por tanto na súa oferta nos diferentes niveis educativos, senón tamén como o estudo de idiomas foi gañando importancia e como consecuencia peso na carga horaria e presencia cada vez máis temperá nos currículos de ensinanza. Ámbolos dous factores estiveron sempre suxeitos á dispoñibilidade de recursos orzamentarios e humanos, e polo tanto, os cambios que sufriron só se poderían ter dado dese modo en Esp