Esta semana aceptamos un reto!
O profesorado do centro onde traballo está preocupado porque vemos que os nenos e adolescentes cos que traballamos teñen a sensación de que a xente maior non entende os seus problemas e preocupacións. Pola súa parte, os pais e nais, os avós e as avoas están moi preocupados e inquedos porque teñen a sensación de que os rapaces e as rapazas non queren contarlles das súas vidas e sinten que os apartan das súas preocupacións e ilusións.
A dirección do centro retounos a idear e por en práctica un programa que axude a salvar esta brecha xeracional, un programa que consiga que xente nova e xente maior descubran que as diferencias de idade non son un problema e que pode haber un gran enriquecemento mutuo.
Xunto coa profesora Cecilia, decidimos por en práctica tres actividades diferentes repartidas nos tres trimestres do curso escolar para salvar esta brecha xeracional
Aquí tedes as instruccións para a actividade familiar do primeiro trimestre:
Comentarios
Publicar un comentario