Benvidos a unha nova entrada de blog, esta vez para unha nova materia, a Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras correspondente ao Tema 5: Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das catro habilidades na aprendizaxe de linguas estranxeiras (falar, escoitar, ler, escribir). Actividades de expresión, interacción e mediación oral. Actividades de expresión, interacción e mediación escrita. Práctica de aula e uso de rúbricas para avaliar a comprensión oral e escrita impartido pola docente Cristina Rodríguez nas sesións do 9, 10 e 17 de xaneiro. Nesta entrada, a diferencia das publicadas previamente para a materia de As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional, realizarei un breve percorrido polo desenvolvemento das clases ao tempo que comparto convosco unha reflexión persoal sobre os temas tratados. Como ben sabedes, ao longo deste tema tratamos catro conceptos chave -comprens...
Aquí imos coa última entrada de blog para a materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras correspondente ao Tema 1: Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces impartido polo docente Gonzalo Constenla nas sesións do 8 e 15 de xaneiro. Nesta ocasión, realizaremos un breve repaso dos conceptos vistos na aula e unha posterior reflexión daqueles aspectos máis destacados. Como de costume, para prepararnos para comezar este novo tema e romper o xeo, Gonzalo trouxo á aula unha actividade que moitos de nós descoñecíamos e que nos permitiu poñer en funcionamento os nosos coñecementos de partida: o diagrama de Venn. Este tipo de diagramas supoñen unha ferramenta idónea para a comparación de ideas, existen tres variantes: círculos superpostos, círculos dentro doutros círculos, ou círculos separados. Nesta primeira tarefa, empregamos a primeira opc...
Comentarios
Publicar un comentario