A evolución do enfoque da ensinanza de linguas estranxeiras ao longo da historia en España
Finalizado o primeiro tema A ensinanza das linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómicoda materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional, traio ao blog unha reflexión sobre un dos aspectos tratados durante as sesións que máis me chamou a atención. Neste tema, levamos a cabo unha recapitulación das diferentes reformas lexislativas que se levaron a cabo en España en materia de educación. Puidemos observar non só como a interese por unhas ou outras linguas foi mudando ao longo da historia dependendo do panorama político e económico e repercutindo por tanto na súa oferta nos diferentes niveis educativos, senón tamén como o estudo de idiomas foi gañando importancia e como consecuencia peso na carga horaria e presencia cada vez máis temperá nos currículos de ensinanza. Ámbolos dous factores estiveron sempre suxeitos á dispoñibilidade de recursos orzamentarios e humanos, e polo tanto, os cambios que sufriron só se poderían ter dado dese modo en España. Un exemplo que ilustra isto é a permanencia do dominio do francés como lingua estranxeira máis ofertada no sistema educativo, incluso despois de que o inglés se convertese en lingua de comunicación internacional por excelencia; ou a integración e posterior desaparición do estudo de segundas e terceiras linguas estranxeiras. Sen embargo, hai un factor que afectou á ensinanza de linguas estranxeiras ao longo da historia e que é alleo a estes recursos: o enfoque na finalidade da aprendizaxe.
Durante séculos, a idea de aprendizaxe de linguas estranxeiras era sinónimo de aprendizaxe do latín e do grego clásico, linguas mortas das que só nos quedaban exemplos escritos. Na primeira metade do século XX, coa reforma do plan de estudos do ano 1900 en España, recóllese a necesidade de aprender linguas estranxeiras modernas para favorecer a relación entre pobos, acabar co illamento, e poder estar ao tanto dos avances científicos internacionais. Porén, a metodoloxía de ensinanza incidía especialmente naquelas destrezas que se empregaban na aprendizaxe das linguas clásicas, como son a lectura, a tradución e a redacción. Naquel momento, este era un enfoque práctico, xa que as aplicacións que se lle ían dar á lingua estranxeira non ían máis aló da tradución, a consumición de prensa estranxeira e revistas científicas, a lectura de obras literarias estranxeiras ou o mantemento de correspondencia, entre outras.
Non é ata o ano 1959 que se plasma na normativa a necesidade de impartir a docencia na lingua que se está a estudar. Neste momento, prodúcese un gran cambio no punto de vista en canto á finalidade da aprendizaxe das linguas estranxeiras, que repercute no currículo cun importante aumento na carga horaria (unha clase diaria) e especialmente na metodoloxía, pois se aparece a conversación entre as destrezas a traballar. Era de esperar dado o contexto histórico no que nos atopamos. Dúas guerras mundiais, a creación de numerosas organizacións internacionais relacionadas co dereito, o comercio, ou a seguridade, e máis concretamente en España, a apertura da ditadura franquista co establecemento do Plan de Estabilización de 1959, provocaron a evolución nas necesidades de coñecementos da poboación, agora en contacto con outras linguas e culturas. En 1970 establécese a Ley General de Educación (LGE),que introduce por primeira vez o estudo da lingua estranxeira nunha etapa obrigatoria do sistema educativo, e ademais propón con carácter voluntario o seu estudo dende os 2-3 anos.
A ensinanza das linguas estranxeiras na actualidade parte desta base histórica e responde ás necesidades dunha sociedade profundamente globalizada e conectada a través de internet. O enfoque vixente contempla xa seis destrezas lingüísticas establecidas coa creación do Marco común europeo de referencia para as linguaspolo Consello de Europa en 2001: a compresión oral e lectora, a expresión oral e escrita, e a interacción oral e escrita. E é que hoxe en día, non só somos interdependentes a nivel estatal –económica, tecnolóxica, política, social, empresarial e culturalmente- senón que nos comunicamos de xeito global a nivel individual no noso día a día. As novas xeracións seguramente non digan a súa primeira palabra aos seus proxenitores senón á un avatar nunha aplicación da tableta, e o seu mellor amigo na infancia non sexa un veciño senón un neno de Alemaña que coñeceron nun xogo en liña. A demanda de ensinanza de linguas estranxeiras por parte da poboación é enorme: academias, EOI, colexios plurilingües e bilingües, clases particulares, intercambios, etc.
Por iso, cando analizamos a evolución do enfoque da ensinanza de linguas estranxeiras ao longo da historia en España non atopamos ningunha involución produto de circunstancias intranacionais. O emprego de novas metodoloxías responde ao cambio nas necesidades e aplicacións das linguas estranxeiras, e nas últimas décadas estas necesidades deixaron de ser diferentes en cada Estado para ser globais. Como consecuencia, os métodos de ensinanza de linguas nos currículos dos sistemas educativos tenden influenciarse ou mesmo a homoxeneizarse, como vimos coa adopción do MCER.
¡Hola Marcela!
ResponderEliminarMe ha encantado tu entrada, el tema que tratas es muy interesante. Me ha quedado muy claro cómo ha ido cambiando el enfoque de la enseñanza de las lenguas en nuestro país. Cómo bien dices, ha ido creciendo la necesidad de conocer otros idiomas para poder comunicarnos, lo que hace que cada vez estudiemos antes las lenguas extranjeras y le dediquemos más horas. Estoy de acuerdo contigo en que el enfoque que existe desde hace unos años es más enseñar por la necesidad de comunicarse con otras culturas, sobretodo con los demás países Europeos.
Un saludo :)