Benvidos a unha nova entrada de blog, esta vez para unha nova materia, a Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras correspondente ao Tema 5: Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das catro habilidades na aprendizaxe de linguas estranxeiras (falar, escoitar, ler, escribir). Actividades de expresión, interacción e mediación oral. Actividades de expresión, interacción e mediación escrita. Práctica de aula e uso de rúbricas para avaliar a comprensión oral e escrita impartido pola docente Cristina Rodríguez nas sesións do 9, 10 e 17 de xaneiro. Nesta entrada, a diferencia das publicadas previamente para a materia de As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional, realizarei un breve percorrido polo desenvolvemento das clases ao tempo que comparto convosco unha reflexión persoal sobre os temas tratados. Como ben sabedes, ao longo deste tema tratamos catro conceptos chave -comprens...
Comentarios
Publicar un comentario