Afondamento e crítica do método audiolingüe
Nesta última entrada do blog para a docente Carla Bouzada Jabois correspondente ao Tema 3 A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional, gustaríame afondar nunha das actividades que realizamos na aula. Na última sesión levamos a cabo en parellas unha pesquisa xeral sobre unha das metodoloxías para a ensinanza de linguas estranxeiras propostas: no noso caso, o método audiolingüe. A continuación afondarei un pouquiño máis nesta metodoloxía, veremos algún exemplo da súa aplicación na actualidade e compartirei con vós unha crítica e valoración persoal da mesma. Como vimos xunto coa miña compañeira Cecilia na aula ( presentación Prezi ) , o método audiolingüe tamén coñecido coma o “método militar” xorde a finais dos anos 50 como metodoloxía para a aprendizaxe de linguas estranxeiras pero non foi ata o ano 1964 que foi patentado por N. Brooks. Trala II Guerra Mun