Afondamento e crítica do método audiolingüe
Nesta última entrada do blog para a docente Carla Bouzada Jabois correspondente ao Tema 3 A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional, gustaríame afondar nunha das actividades que realizamos na aula. Na última sesión levamos a cabo en parellas unha pesquisa xeral sobre unha das metodoloxías para a ensinanza de linguas estranxeiras propostas: no noso caso, o método audiolingüe. A continuación afondarei un pouquiño máis nesta metodoloxía, veremos algún exemplo da súa aplicación na actualidade e compartirei con vós unha crítica e valoración persoal da mesma.
Como vimos xunto coa miña compañeira Cecilia na aula (presentación Prezi), o método audiolingüe tamén coñecido coma o “método militar” xorde a finais dos anos 50 como metodoloxía para a aprendizaxe de linguas estranxeiras pero non foi ata o ano 1964 que foi patentado por N. Brooks. Trala II Guerra Mundial, e coa presencia de tropas americanas noutros conflitos bélicos, aparece entre estas a necesidade de aprender linguas rapidamente, en especial linguas exóticas como o xaponés e o coreano. O adestramento dos soldados en base a este método obtivo tales resultados que os gobernos estadounidenses estableceron que os cidadáns aprendesen tamén outras linguas para non quedarse atrás nos descubrimentos científicos internacionais. Este sistema propón unha aprendizaxe natural a base de comprensión e expresión oral. Aínda que o método ten como eixe central a gramática, non a contextualiza nin a explica explicitamente. O docente limítase a falar o idioma e os alumnos apréndeno a base de escoitalo e repetilo ata interiorizalo. Este método inspirouse en psicólogos como Harvard B.F. Skinner, creador da metodoloxía condutista, que defendía que o ser humano pode aprender establecendo un sistema de reforzos para reter o aprendido. Si levantamos a un neno pequeno e dicimos “arriba” ao mesmo tempo, na súa memoria quedará gravado o acto asociado á palabra. Este reforzo kinestésico axuda a que a comprensión do vocabulario sexa mellor e máis profunda.
Neste tipo de metodoloxía, o docente adopta un rol exclusivamente activo, dirixe a clase, comproba o desempeño do alumnado e corrixe a súa produción cando é necesario, mantén a atención dos estudantes variando na medida do posible as actividades –sempre relacionadas coas motivacións que os levaron a aprender a lingua estranxeira-, e selecciona as situacións máis adecuadas para practicar as estruturas. Pola outra banda, o alumnado, pese a participar activamente nas quendas de repetición, non é protagonista da súa aprendizaxe e non conta coa liberdade de aventurarse na lingua por si mesmo, polo que poderíamos dicir que desempeña un papel pasivo. Espérase del un desenvolvemento da comprensión auditiva e a adecuación fonética na produción oral.
Este método foi reformado e criticado, dando lugar -como todo ao longo da historia- a novas metodoloxías opostas ou melloradas como ben vimos na sesión de presentacións coas aportacións dos nosos compañeiros. Non obstante, o método audiolingüe segue empregándose na actualidade, publicitándose como unha metodoloxía innovadora. Seguramente escoitariades falar de academias como Vaughan Systems, que conta cunha sucursal en Vigo ademais dunha cadea de radio. Ou moitos outros centros de ensinanza de inglés, especialmente para os máis pequenos, como é o caso de Kids&Us tamén presente por toda Galicia, que defende a aprendizaxe baseada no proceso natural e espontáneo de adquisición da lingua materna.
Que opinades vós?

A súa reaparición abre de novo o dilema sobre se esta metodoloxía é ou non adecuada para a aprendizaxe de linguas, especialmente polos súas características tan diferenciadas con outro tipo de ensinanzas. Persoalmente, a súa proposta educativa en idades temperás paréceme axeitada, xa que traballamos con persoas que non teñen coñecementos gramaticais nos que asentar a aprendizaxe, nin sequera o desenvolvemento cognitivo suficiente para empregar o pensamento abstracto e razoar sobre a lingua. Tamén poderíamos dicir que ademais dun método militar, é un método de supervivencia, que daría resultados a aquelas persoas que queiran aprender as bases par un obxectivo en concreto, como pode ser unha viaxe. Sen embargo, no caso de adultos que queiran adquirir unha lingua estranxeira de maneira profunda e no menor tempo posible, esta metodoloxía non sería a máis axeitada.
Boas, Marcela!
ResponderEliminarAntes de nada, noraboa pola presentación que realizaches xunto coa túa compañeira Cecilia. Creo que estaba moi completa e fácil de seguir. En canto ao contido da mesma, paréceme moi curioso o método audiolingüe, especialmente pola a súa orixe militar. Obviamente responde a un fin moi concreto, e no seu momento foi moi innovador e gozou de gran popularidade. Non obstante, considero que hoxe en día, tendo a experiencia e os resultados de diferentes metodoloxías, paréceme máis proveitoso (tal e como se salientou na clase) combinar os elementos máis "eficaces" de cada unha para tirar o máximo aproveitamento posible de todas elas, sen descoidar ningunha destreza por centrarnos excesivamente noutras.
Un saúdo e que pases unhas boas festas!
Laura Rodríguez Fernández
Interesante método. Todo moi bélico, dende a navalla de Okham ata o Brute Force. O saber nacendo da guerra, ensinando linguas de forma eficaz por medio da "forza bruta" (repetir, repetir, repetir), que demostra ese principio da navalla de Okham que di que ante a dúbida, o máis sinxelo é o que mellor funciona.
ResponderEliminarDende que estiven en China e levábame as mans á cabeza vendo a nenos de 6 a 10 anos repetindo de memoria un discurso de Obama para practicar inglés, e resulta que algúns si lograban conseguir unha boa pronunciación gracias a iso. Ao final, é o mismo principio polo que aprenden mellor os que ven películas sen dobrar.