Tema 7 e 8: Dossier

Velaquí a derradeira entrada de dossier, neste caso correspondente aos dous últimos temas -tema 7 sobre a Aprendizaxe Integrado de Contenidos e Linguas (AICLE) no contexto escolar europeo, e tema 8 sobre As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionaisda materia de As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro. Nesta última actualización dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión.
  • Reflexión sobre as diferenzas entre centros plurilingües e centros bilingües
Nesta primeira sesión correspondente ao tema 7, comezamos cunha reflexión colaborativa coa finalidade de concluír cales son as diferenzas entre un centro plurilingüe e un centro bilingüe. Coa axuda de propias experiencias de compañeiros e da guía do profesor, determinamos que un centro plurilingüe é aquel no que se imparten materias non lingüísticas íntegramente en lingua estranxeira, mentres que un centro bilingüe é aquel no que unha ou máis materias non lingüísticas se imparten parcialmente en lingua estranxeira. Os criterios de selección do profesorado para estas materias tamén son diferentes dependendo do tipo de centro, algo que tivemos a oportunidade de debatir durante a seguinte actividade.
  • Lectura sobre EDUlingüe e debate 
Unha vez aclarada esa primeira diferenciación entre centros, afondamos no tema cunha lectura individual rápida do documento da xunta onde se presenta o investimento en EDUlingüe para fomentar o plurilingüismo en Galicia, e un posterior debate no que participamos apaixoadamente e que descubriu aspectos moi interesantes e amplamente criticables sobre esta iniciativa. 
  • Síntese nunha infografía sobre un tema determinado e exposición oral
  • Presentacións finais

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras con Gonzalo Constenla

Comentarios aos blogs dos compañeiros