Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2019

Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras con Gonzalo Constenla

Imaxe
Aquí imos coa última entrada de blog para a materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras correspondente ao Tema 1:  Situacións e variábeis na situación de ensino das linguas estranxeiras: contextos de adquisición e uso, repertorio lingüístico, a lingua estranxeira a idades precoces  impartido polo docente Gonzalo Constenla nas sesións do 8 e 15 de xaneiro. Nesta ocasión, realizaremos un breve repaso dos conceptos vistos na aula e unha posterior reflexión daqueles aspectos máis destacados. Como de costume, para prepararnos para comezar este novo tema e romper o xeo, Gonzalo trouxo á aula unha actividade que moitos de nós descoñecíamos e que nos permitiu poñer en funcionamento os nosos coñecementos de partida: o diagrama de Venn. Este tipo de diagramas supoñen unha ferramenta idónea para a comparación de ideas, existen tres variantes: círculos superpostos, círculos dentro doutros círculos, ou círculos separados. Nesta primeira tarefa, empregamos a primeira opción para

Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras con Cristina Rodríguez

Benvidos a unha nova entrada de blog, esta vez para unha nova materia, a Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras correspondente ao Tema 5:  Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das catro habilidades na aprendizaxe de linguas estranxeiras (falar, escoitar, ler, escribir). Actividades de expresión, interacción e mediación oral. Actividades de expresión, interacción e mediación escrita. Práctica de aula e uso de rúbricas para avaliar a comprensión oral e escrita  impartido pola docente Cristina Rodríguez nas sesións do 9, 10 e 17 de xaneiro. Nesta entrada, a diferencia das publicadas previamente para a materia de As Linguas Estranxeiras no Contexto Nacional e Internacional, realizarei un breve percorrido polo desenvolvemento das clases ao tempo que comparto convosco unha reflexión persoal sobre os temas tratados. Como ben sabedes, ao longo deste tema tratamos catro conceptos chave -comprensión, prod

Tema 7 e 8: Dossier

Velaquí a derradeira entrada de dossier, neste caso correspondente aos dous últimos temas -tema 7 sobre a  Aprendizaxe Integrado de Contenidos e Linguas (AICLE) no contexto escolar europeo,   e tema 8 sobre  As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais -  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional ,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro. Nesta última actualización dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión. Reflexión sobre as diferenzas entre centros plurilingües e centros bilingües Nesta primeira sesión correspondente ao tema 7, comezamos cunha reflexión colaborativa coa finalidade de concluír cales son as diferenzas entre un centro plurilingüe e un centro bilingüe. Coa axuda de propias experiencias de compañeiros e da guía do profesor, determinamos que un centro plurilingüe é aquel no que se imparten mater

Tema 7 e 8: Diario

Tema 6: Dossier

Tras un novo tema, neste caso o tema 6  As programacións didácticas vixentes  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional ,  impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro, dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas sesións coa súa correspondente reflexión. Debate piramidal Durante a primeira sesión adicada a este tema, realizamos unha actividade de debate piramidal -que xa empregaramos con anterioridade no desenvolvemento do tema 5. En primeiro lugar tivemos que botar u nha ollada aos diferentes elementos que deben comportar as programacións didácticas segundo o punto 3 do Artigo 24 no Capítulo V da  Resolución do 11/05/2018 pola que se ditan instrucións no curso académico 2018/2019 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia , escollendo de forma individual aqueles tres que consideraramos máis esenciais. Unha vez tomada unha deci

Tema 6: Diario

Comentarios aos blogs dos compañeiros

Imaxe
Aquí vos deixo unha copia dos comentarios realizados nos blogs dos meus compañeiros e compañeiras: No blog de David Gonçalves da Cruz, na a súa entrada sobre  Diferencias entre el Português Língua Não Materna y Portugués Lengua Extranjera. No blog de Iria Seijas Pérez, na súa entrada de Diario: Tema 7 - Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE No blog de Cecilia Rodríguez Estévez, na súa entrada correspondente ao Tema 3 No blog de Judit Parga Troncoso, na súa entrada correspondente ao Tema 4 No blog de María Riobó Antepazo, na súa entrada correspondente ao Dosier: Tema 6 No blog de Begoña Estévez Salgueiro, na súa entrada sobre  ¿Por qué el inglés y el francés son las lenguas de poder?