Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Afondamento e crítica do método audiolingüe

Imaxe
Nesta última entrada do blog para a docente Carla Bouzada Jabois correspondente ao Tema 3  A ensinanza-aprendizaxe e certificación de linguas estranxeiras polas institucións internacionais  da materia  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional,  gustaríame afondar nunha das actividades que realizamos na aula. Na última sesión levamos a cabo en parellas unha pesquisa xeral sobre unha das metodoloxías para a ensinanza de linguas estranxeiras propostas: no noso caso, o método audiolingüe. A continuación afondarei un pouquiño máis nesta metodoloxía, veremos algún exemplo da súa aplicación na actualidade e compartirei con vós unha crítica e valoración persoal da mesma. Como vimos xunto coa miña compañeira Cecilia na aula ( presentación Prezi ) , o método audiolingüe tamén coñecido coma o “método militar” xorde a finais dos anos 50 como metodoloxía para a aprendizaxe de linguas estranxeiras pero non foi ata o ano 1964 que foi patentado por N. Brooks. Trala II Guerra Mun

O papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe dunha lingua estranxeira

Imaxe
Velaquí unha nova publicación para o blog correspondente ao Tema 4  Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias  da materia  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional. Durante a sesión correspondente a esta parte do temario, centrámonos na  descrición e estudo en detalle das competencias específicas, transversais e complementarias para desenvolver nos distintos niveis de aprendizaxe , tanto as recollidas no MCER como aquelas dispostas no sistema educativo español –é dicir, na LOMCE-. Concretamente, gustaríame reflexionar sobre as competencias xerais do MCER, en particular, no coñecemento declarativo, e cal o papel dos estereotipos no proceso de ensinanza-aprendizaxe do coñecemento do mundo, do coñecemento sociocultural e da consciencia intercultural. Como vimos na aula, o coñecemento sociocultural forma parte do coñecemento do mundo, pero no caso do estudo das linguas é importante dedicarlle unha especial atención á sociedad

Os aspectos positivos e negativos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas

Imaxe
En relación co Tema 2  O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea , da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional,  achégovos esta vez ao blog unha reflexión persoal sobre os aspectos positivos e negativos deste marco de referencia. O MCER –ou CEFR en inglés- é un proxecto que ten os seus inicios xa no ano 1971 pero que non se materializou ata o ano 1991 por iniciativa do goberno federal suízo, e que se viu reflexado nun documento final elaborado polo Consello de Europa en 2001 durante a celebración do Ano Europeo das Linguas. Este traballo resultou no establecemento dun estándar europeo –empregado tamén noutros países fóra de Europa- que serve para medir o nivel de dominio dunha determinada lingua. Pretende ademais, proporcionar unha base común para a elaboración de programas de linguas, currículos, probas, manuais, etc.; describir de forma integradora os coñecementos que ten

Tema 5: Diario

Despois da entrada previa sobre o transcurso das sesións do tema 5 sobre  O deseño curricular para a materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional co docente Gonzalo Constenla Bergueiro, traio ao blog unha reflexión sobre unha das partes do tema que espertou unha especial interese en min:  As linguas estranxeiras no currículo da Formación Profesional . Preséntovos a continuación unha síntese do contexto e o tratamento das linguas nesta etapa educativa acompañada por un comentario persoal. A lei educativa vixente LOMCE , que entrou en vigor a finais do ano 2013, propuxo un sistema educativo disposto en etapas que preparan ao alumnado para pasar á seguinte etapa dunha traxectoria diferenciada que se axusta ás súas competencias e capacidades. Este sistema dispón a educación secundaria obrigatoria como un sistema de cribas que dirixe rapidamente ao alumnado que non demostre as suficientes competencias académicas cara opcións profesionalizantes. Introduce por p

Tema 5: Dossier

Concluído o tema 5  O deseño curricular  da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , e o primeiro tema impartido polo docente Gonzalo Constenla Bergueiro, dispóñome a realizar unha recompilación das actividades que levamos a cabo ao longo destas tres sesións coa súa correspondente reflexión. Durante a primeira sesión desta nova materia o 12 de novembro, o docente realizou unha introdución ao funcionamento da mesma, aclarando aspectos sobre a repartición das sesións entre os dous profesores, os contidos que imos tratar, a avaliación etc. A primeira interacción veu cando Gonzalo nos consultou cal dos temas propostos nos parecía máis atractivo ou interesante para a nosa profesión, de modo que tivemos a oportunidade de poñer en común as nosas expectativas sobre a materia. Unha vez finalizada a presentación, posto que aínda nos sobraba un pouco de tempo, lanzámonos directos ao tema 5. Para comezar, Gonzalo propuxo unha actividade que supoñía un novo conc

A evolución do enfoque da ensinanza de linguas estranxeiras ao longo da historia en España

Finalizado o primeiro tema  A ensinanza das linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico da materia de  As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional , traio ao blog unha reflexión sobre un dos aspectos tratados durante as sesións que máis me chamou a atención. Neste tema, levamos a cabo unha recapitulación das diferentes reformas lexislativas que se levaron a cabo en España en materia de educación. Puidemos observar non só como a interese por unhas ou outras linguas foi mudando ao longo da historia dependendo do panorama político e económico e repercutindo por tanto na súa oferta nos diferentes niveis educativos, senón tamén como o estudo de idiomas foi gañando importancia e como consecuencia peso na carga horaria e presencia cada vez máis temperá nos currículos de ensinanza. Ámbolos dous factores estiveron sempre suxeitos á dispoñibilidade de recursos orzamentarios e humanos, e polo tanto, os cambios que sufriron só se poderían ter dado dese modo en Esp

Actividades sobre a brecha xeracional

A continuación atoparedes tres actividades interactivas sobre a brecha xeracional. Poderedes practicar o voso inglés ao tempo que poñedes a proba os vosos coñecementos sobre as diferentes xeracións. Recoméndanse facer na orde proposta, xa que as actividades están relacionadas entre si. Actividade 1 Actividade 2 Actividade 3

Plan de traballo

Para que sigades de cerca o noso proxecto para salvar a brecha xeracional, déixovos aquí o noso plan de acción: Plan de traballo para o reto ☺

Esta semana aceptamos un reto!

O profesorado do centro onde traballo está preocupado porque vemos que os nenos e adolescentes cos que traballamos teñen a sensación de que a xente maior non entende os seus problemas e preocupacións. Pola súa parte, os pais e nais, os avós e as avoas están moi preocupados e inquedos porque teñen a sensación de que os rapaces e as rapazas non queren contarlles das súas vidas e sinten que os apartan das súas preocupacións e ilusións. A dirección do centro retounos a idear e por en práctica un programa que axude a salvar esta brecha xeracional, un programa que consiga que xente nova e xente maior descubran que as diferencias de idade non son un problema e que pode haber un gran enriquecemento mutuo. Xunto coa profesora Cecilia, decidimos por en práctica tres actividades diferentes repartidas nos tres trimestres do curso escolar para salvar esta brecha xeracional Aquí tedes as instruccións  para a actividade familiar do primeiro trimestre:

Recettes de Noël

Imaxe
Aquí temos unha infografía sobre a elaboración de receitas de Nadal. Atoparedes unha ligazón sobre a formación do imperativo en francés, unha recompilación de ingredientes da receita do "Jus de pomme chaud" e unha listaxe de conectores útiles para a redación de textos de instrucións.

Presentación 3, 2, 1!

Esta é a miña presentación 3, 2, 1! Trátase de presentarse contando tres cousas sobre nós mesmos, dúas cousas ás que non renunciaríamos e unha cousa á que nos gustaría adicarnos.